domingo, 7 de marzo de 2010

Baby human: caminar

Nesta ligazón podedes atopar o documental que vimos na clase sobre o desenvolvemento motor, chamado Baby Human: caminar.

http://www.tu.tv/videos/baby-human-caminar

Orella pendella

Déixovos nas ligazóns unha á páxina de orella pendella, que nos recomendaron no Salón do Libro de Pontevedra deste ano. Aquí tendes unha pequena explicación que ven na propia páxina:

"Con esta páxina queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.
Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos."